Saltar ao contido principal

Mércores 29, ás 12:00 horas, Rolda de Prensa "Carga de Dignidade".


Mañá mércores, 29 de maio, ás 12:00 h, nas escaleiras da Praza de Armas de Ferrol, terá lugar a rolda de prensa, presentación da acción artística popular "Carga de Dignidade" que se levará a cabo o próximo domingo 2 de Xuño na reixa de Navantia.

Na mesma comparecerán Parte do colectivo de artistas e creadores que levaron a cabo a “Burla Negra” pola catástrofe do Prestige, agrupados agora en “Radio Buguina”, acompañados por todos os sindicatos, partidos, e colectivos que organizan a acción.

Contar coa vosa presenza para poder difundir e chegar á cidadanía este acto pola Dignidade.

Organizan:

Radio Buguina

Comités de Empresa de Navantia e delegados/as da Industria Auxiliar.

 Sindicatos:

Comisiones Obreras (CC.OO), Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Sindical Obreira (USO), Union Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-UGT).


Partidos políticos:

ANOVA, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Compromiso por Galicia (CxG), eQuo, Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal),Esquerda Unida (EU-IU), Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE).

Outros colectivos sindicais e movimentos políticos:

Asociación Unificada de Militares Españois (AUME), Mocidade Nacionalista Galega (MNG), Sindicato de Estudantes,Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG).

Asociacións e Colectivos:

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), A. C. Fuco Buxán, A. C. Lefre de Caldereta, A. C. Lendo Poesía, A. C. Medulio, Asociación Galega de Vitimas do Amianto (AGAVIDA), Asociación Memoria Histórica Democrática, Ateneo Ferrolán,Colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, Federación Veciñal de Ferrol (Roi Xordo), Marcha Mundial das Mulleres, Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública Ferrol, Rádio FilispiM.