Saltar ao contido principal

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol interviu no Pleno do 30 de xuño pedindo o desestimento do Contrato Eléctrico e a investigación da actuación do bufete asesor Lama&Asociados

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol interviu no Pleno do 30 de xuño facendo a lectura dun manifesto no que solicitaba o desestimento do Contrato Eléctrico e a investigación da actuación do bufete asesor Lama&Asociados.

O texto e o vídeo da intervención podedes atopalo na seguinte publicación do seu blog: Intervención da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos e pola Remunicipalización no pleno de Ferrol pedindo o desestimento do Contrato Eléctrico e a investigación da actuación do bufete asesor Lama&Asociados - Vídeo e Texto

Como vimos anunciando, esta plataforma leva uns meses realizando unha intensa labor tanto informativa como establecendo contactos coa fin de aportarlle á cidadanía e ao Concello de Ferrol ferramentas que lle permitan recuperar a explotación de servizos fundamentais. Unha remunicipalización que -citando o texto da intervención no pleno- "... sempre que se faga con criterios de boa xestión, transparencia, participación e racionalidade, resulta moi beneficiosa para a institución que a aplica, e satisfactoria e beneficiosa para a cidadanía que a percibe e goza."

Polo momento, parece que comeza a haber avances positivos no traballo co Concello, tal e como anuncia a seguinte publicación: Contrato Eléctrico: Germán Costoya, avanzou que se está a traballar para sacar adiante dous contratos separados, un de mantemento e outro de subministro, por un período curto de tempo que sería empregado para artellar a remunicipalización

Dende aquí, animamos a toda a cidadanía a involucrarse neste proceso, manténdose ao tanto e participando das iniciativas desta plataforma.

Para máis información:

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!


remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/