Saltar ao contido principal

Remunicipalización - Venres 14 de outubro, 12h, Rolda de Prensa en Sargadelos

Compartimos o comunicado que nos fai chegar a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol, convocando unha rolda de prensa aberta o vindeiro venres 14 de outubro. Pregamos difusión deste comunicado, e a asistencia da cidadanía para arroupar e seguir a respaldar e impulsar as iniciativas desta plataforma cidadá:

 


A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, organiza o próximo venres 14 de outubro, ás 12 do mediodía, unha Rolda de Prensa na Galería Sargadelos de Ferrol.

Vivimos a ruptura do goberno municipal na cidade de Ferrol con preocupación. Son moitos os problemas que esta cidade, e a Mancomunidade de municipios á que pertence, teñen que resolver. A defensa dos servizos públicos e o camiño cara a remunicipalización está prácticamente nos comezos, senón en clara parálise...

A Plataforma, convoca a Rolda de Prensa para amosar a nosa análise e fixar a nosa posición, ademais de formular as demandas veciñais.




Ferrol, 11 de outubro de 2016


Alexandre Carrodeguas - 690612737
Fernando Ramos Armesto - 622932443
Pablo Portero - 659855805
Bernardo Rego Gárate - 603772650
Lupe Ces - 652201003

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
http://plataformaferrol.blogspot.com.es/