Puntualizacións sobre a entrada a Reganosa do gaseiro “Al Utouriya”
Con motivo da entrada na Ría, o
pasado martes, do gaseiro “Al Utouriya”,
cargado de GNL, os medios de comunicación daban a noticia como un novo fito
para REGANOSA. ¡O maior gaseiro que entrou ata agora!.
Certo é que polas súas dimensións
é o maior dos que entraron, o que nunha primeira lectura traduciríase como un
éxito polo abaratamento de custos, con todo
isto non é así. Aínda que o gaseiro é o maior, veu con 2/3 da súa carga
nominal. En concreto descargou, entre os días 25 e 26 de abril, 140.500 m3
(datos de Enagas Gestor), cando a súa capacidade máxima, e así o anunciaban aos
catro ventos, é de 215.000 m3.
A razón pola que veu con carga
reducida é moi sinxela: a canle de entrada está limitado en calado. Este buque
ten un calado máximo de 12,3 metros, pero entrou con 11,1 porque está obrigado
a deixar unha marxe respecto ao fondo dun 12 % do seu calado.
Unha vez máis queda en evidencia
que a localización da planta en Mugardos non é a idónea, deixando aparte o
risco para a poboación, polas
limitacións para a entrada e saída de gaseiros, problema que non se daría se se
situase a Planta no Porto Exterior, como se planificou inicialmente, e que se
cambiou para o interior da Ría para dar beneficio exclusivamente aos promotores
de REGANOSA, nunha clara manobra de corruptela económica auspiciada polo goberno
do Partido Popular.