Saltar ao contido principal

Concentración ante Delegación do Parlamento Europeo, problemática da Planta de Gas de REGANOSA


  


 O Comité Cidadán de Emerxencia, convoca unha concentración, o vindeiro mércores 13 de febreiro, ás 09:45 horas, diante do hotel Hesperia en Ferrol.
 
O Comité Cidadá de Emerxencia consegue que unha delegación Europea visite a Ria e se informe “in situ” sobre Reganosa.

Nos próximos días unha Delegación do Parlamento Europeo acudirá a Ferrol para coñecer “in situ” a problemática da Planta de Gas de REGANOSA e o estado da Ría. 

Esta Delegación reunirase cos peticionarios e autoridades.

Esta visita responde á Petición 1322/2007 -denuncia contra Reganosa-, presentada polo CCE, Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e IU, ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, a onde se desprazaron en Novembro de 2007. Amáis da denuncia, tamén foi recabada a constitución dunha

Delegación Especial para que, sobre o terreo, a propia Comisión, poidera comprobar e avaliar os fragrantes incumprimentos, tanto medio ambientais como de seguridade, da planta de gas de Reganosa. Lembrar que unha representación do CCE -en Novembro de 2001- desprazouse a Bruxelas para denunciar o Proxecto de Reganosa diante a Dirección Xeral do Medio Ambiente da Comisión Europea e mantivo entrevistas con membros do Parlamento Europeo.

Os representantes do CCE na xuntanza coa Delegación do Parlamento Europeo, demandarán o cese da actividade da planta de gas, logo que, en maio de 2012, o Tribunal Supremo en sentencia inapelábel, anulara a Modificación do Plan sobre a que se sustentaba a construcción da planta de gas.

Comunicarán tamen a esta Comisión, que Reganosa, a maiores de ser unha instalacion ilegal e perigosa, nos custa a cidadanía perto de 60 millóns de euros ao ano. O proceso de regasificación do gas natural acelera a destrución da Ria, ao esterilizar centos de miles de toneladas da súa auga. A perdida de productividade expulsa e condea ao paro aos mariscadores da Ria.


Unha instalación innecesaria, pois os gasodutos que subministraban o gas a Galicia, desde o 2007, manteñen pechada a entrada de gas, cando teñen a capacidade suficiente para subministrar aos ciclos e para uso doméstico e industrial.

Por todo elo, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca unha concentración, o vindeiro mércores 13 de febreiro, ás 09:45 horas, diante do hotel Hesperia en Ferrol.