Saltar ao contido principal

O CCE presenta alegacións a ampliación de Concesión a Reganosa

Onte, o CCE presentou diante da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao un documento de Alegacións contra a ampliación da Concesión a Reganosa. Engádese o Documento e reseñamos a continuación a Nota de Prensa enviada aos Medios de Comunicación:

NOTA DE PRENSA

ALEGACIÓNS DO CCE CONTRA A AMPLIAZÓN DA CONCESIÓN A REGANOSA
O CCE presenta alegacións a ampliación de Concesión a Reganosa:

O CCE ven de presentar diante a Autoridade. Portuaria de Ferrol-San.Cibrao o documento de Alegacións contra a proposta de prorrogar por 15 anos mais a Concesión a Reganosa. Un documento onde se proba que as pretensións de Reganosa carecen de fundamento.

Segundo os representantes de Reganosa dado que, a concesión outorgada en Maio de 1997 foi para usos de Forestal, consideran que as obras realizadas por Forestal nos anos 1999 e 2000 son as iniciais e que as inversóns realizadas a partires do 2004 na construción da planta de gas (ao non estar previstas na concesión orixinal) serían consideradas unhas inversións a maiores, superando o 20% da obra de Forestal, o que lles permitiría solicitar a ampliazón da concesión.

Unha vez mais atopámonos co proceder fraudulento dos promotores de Reganosa, recoñecendo que a concesión outorgada en 1997 foi solicitada por Forestal e para usos e actividades de Forestal e que, unha vez acadada e cando anuncian a instalación da planta de gas.

Polo tanto desde o CCE se mantén e así se recolle tanto na solicitude de concesión do cambio de usos de xuño de 2001, como na acta final de recoñecemento das obras, de 3 de maio de 2007, onde separan claramente as obras feitas por Forestal e as realizadas por Reganosa en base ao proxecto que serevíu para o outorgamento da concesión. A inversión da planta de gas, mais aló das triquiñuelas de Reganosa, é a que hai que considerar, e polo tanto non hai razón algunha para acceder a súa solicitude , xa que só houbo unhas únicas obras

Non so hai razón para denegar a solicitude da prórroga, senón que a Autoridade Portuaria debe retirarlle a concesión, unha vez demostrada a falsidade dos datos aportados no seu momento para acadar autorizacion de funcionamento asi como as ilegalidades cometidas:.

Unha concesión outorgada para outros usos.

Unhos recheos e dragados, e planos de auga ilegais.

A planta  de Reganosa non é estratéxica para Galicia. Tal e como se dixo, a súa produción disminúe cada ano: en 2014 foi do 28.6%. Os gasoductos pechados teñen a capacidade suficiente para sumistrar gas a Galicia.

A planta de Reganosa nunca foi declarada de interese público.

Levamos pagado perto de 500 millons de euros, xa que forma parte do chamado déficit enerxetico que fai que paguemos pola enerxia unha das taxas mais altas de Europa.

Una instalación ilegal segundo a sentencia do Tribunal Supremo de 11 de Maio de 2102.

Unha instalación perigosa que ameaza a vida de miles de persoas. Unha instalación nociva para o ecosistema da Ria

Ferrol a 18-06-2015

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol