Saltar ao contido principal

Planta de Gas Reganosa no Parlamento de Galicia.



Despóis de máis dunha década de loita do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa,  debateuse no Parlamento de Galicia a Moción presentada polo Grupo AGE, exixindo o desmantelamento da Planta, o cumprimento da Sentenza firme do Tribunal Supremo de maio 2012 e a denuncia do Convenio secreto asinado polo Presidente Fraga e o accionariado da Planta.



A Moción, con enmendas do PSdeG-PSOE e BNG, foi rexeitada pola maioría absoluta do Partido Popular.

Unha representación do CCE, asistiu ao debate no Parlamento, desde dependencias anexas, xa que logo non lle foi permitido acceder ao salón de Plenos.