A partir do vindeiro 16 de setembro vanse celebrar os eventos programados para conmemorar o Centenario da Escola Obreira.
Con motivo de este evento, Navantia publicou un libro de autoría coral sobre aspectos diversos da historia da escola. Aqueles traballadores interesados en obtelo, poden recoller o seu exemplar gratuíto na exposición da Escola Obreira (Sala Carlos III de Exponav) en horario de 17:00 a 20:00 horas.
Os membros da Comisión do Centenario queremos recoñecer as achegas das persoas que votaron unha man para que todas as iniciativas resultaran posibles.
Convidamos a todos os traballadores a participar desta celebración nas iniciativas expostas de forma moi especial a todos aqueles que foron alumnos da Escola Obreira.