A Asemblea Republicana de Vigo lanza este ano unha campaña para que dende o 10 ao 14 de abril e baixo o lema PENDURA NO TEU BALCÓN A BANDEIRA DA REPÚBLICA a imaxe da bandeira tricolor se faga presente no espazo publico e cidadán e sexa asumida masivamente como máximo referente da negación e oposición ao réxime monárquico que padecemos. Contra a opresión a rebeldía e contra a Monarquía a República. Porque non cabe dubida que, no conflito dialéctico das contradicións simbólicas, a imaxe da bandeira da República é a que mellor pode encarnar a loita contra esa institución medieval e antidemocrática que impuxo a ditadura.
Os homes e mulleres que integramos a Asemblea Republicana de Vigo, cremos que non basta con que todos os anos levemos ás rúas os valores democráticos que implica a República a través da manifestación que organizamos, senón que estamos convencidos de que esa mobilización,xa institucionalizada todos os 14 de abril, debería ultrapasar o marco do compromiso colectivo e popular para achegarse tamén, coa mesma determinación e forza, ao espazo privado e persoal simbolizado polas nosas casas.
Desa convicción nace esta iniciativa que pretendemos sexa acollida con entusiasmo e que tamén queremos institucionalizar cara o futuro.
CONSEGUE A TÚA BANDEIRA AO PREZO DE 5 EUROS EN
Livraría Andel (Rúa Camelias 102)
Livraría Versus (Rúa Venezuela 80)
Café De Catro a Catro(Rúa Girona 16)
Manolo 986252214
Ramón 636788368 (Vigo-Centro)
IMPLÍCATE E COLABORA NA DISTRIBUCIÓN DE BANDEIRAS
EMPREGA AS REDES SOCIAIS E ESPALLA ESTA INCIATIVA.