Saltar ao contido principal

Inauguración. Exposición: "Man de Camelle", en Narón.




O Pazo da Cultura de Narón acollerá do 16 ó 30 de xaneiro a exposición ‘Manfred, o alemán de Camelle’. Trátase dunha recopilación da súa obra artística, fotografías e textos deste artista que fixo da Costa da Morte o seu lugar de traballo e de vida. A inauguración oficial da exposición terá lugar o mércores 15 de xaneiro ás 19:00 horas.

A entrada é gratuita, e os horarios de visita son os seguintes: de luns a venres: de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas e sábados: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Ademais, o mércores 29 de xaneiro terá lugar a proxección do documental ‘MANfred, home sen paz’, ás 20:30 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura.

Esta exposición está promovida pola asociación cultural Fuco Buxán e a Fundación Man Camelle, en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón.

Nova:http://ferrol360.es/o-pazo-da-cultura-de-naron-acolle-unha-exposicion-de-manfred-o-aleman-de-camelle/