Saltar ao contido principal

"POBOS NAS MARXES"

Somos o FestiVal das Brétemas de Ponteareas (Galiza). 

Cada edición do festival adicámola a un breTEMA DO ANO, que sexa o fío condutor para todas as actividades que levemos a cabo na nosa vila e comarca durante ese período.

Para a nosa VI Edición, escollemos o breTEMA: "POBOS NAS MARXES" Co que pretendemos reflexionar ao redor dos fenómenos migratorios, o conflito das refuxiadas, ou a situación de pobos e/ou culturas marxinadas na nosa, ou noutras sociedades, como é o pobo xitano. 

A escolla dos "Bre-Temas", a miúdo está motivada polo noso descoñecemento e/ou ganas de afondar neles, póndonos en contacto con colectivos que xa levedes tempo traballando nese eido, para poder aprendermos de vós.

Gustaríanos moito poder contar coa vosa colaboración xa que consideramos a trascendencia da transversalidade da perspectiva de xénero para visibilizar as múltiples opresións. 

O formato da colaboración queda un pouco ao que propoñades vós podendo ser palestra, proxección, concerto ou o que vexades oportuno. 

Que vos parece? 

Moitas grazas pola vosa atención.

FestiVal das Brétemas de Ponteareas.