ACAMPA pola paz e o dereito a refuxio
Reunión ACAMPA o Mércores 5 de abril de 2017 ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán
Reunión ACAMPA o Mércores 5 de abril de 2017 ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán
Estimados amigos/as:
Póñome en contacto con Vd. en representación de Acampa, asociación sociocultural sen fins de lucro, desde a que estamos a organizar un evento internacional de información e sensibilización sobre a crise humanitaria das persoas refuxiadas.
O evento, denominado Acampa pola paz e o dereito a refuxio, é unha iniciativa cidadá cuxo acto central terá lugar entre os días 15 e 18 de xuño de 2017 na Coruña.
Trátase dun simbólico campo de persoas refuxiadas no centro da cidade, que se porá en marcha coa participación de gran parte do tecido social, tanto persoas a título individual como organizacións e asociacións de todo tipo. Neste campamento desenvolveremos decenas de actividades encamiñadas a crear unha rede de participación e resposta, co obxectivo de contrastarmos a información e promovermos a implicación cidadá en todos os ámbitos. Previamente, ao longo de todo este ano, levaremos a cabo unha acción continuada de sensibilización sobre os dereitos humanos, co fin de analizar as causas e consecuencias das crisis humanitarias.
No documento adxunto a este correo pode ver de forma gráfica e sintética os obxectivos da iniciativa. Acampa é un proxecto da Plataforma Coruña Contra a Guerra, integrada por moitas persoas comprometidas, ONG locais e internacionais, asociacións, entidades sociais e sindicais,e que recibe o apoio das institucións locais.
Temos moito interese en contar coa súa participación nos actos centrais do mes de xuño e ao longo dese ano.
Desexamos que esta proposta lle interese e por iso queremos manter unha reunión cando vostedes dispoñan.
Saúdos cordiais.
Xosé Abad