Saltar ao contido principal

Ciclo "Democracia e Compromiso": presentación do libro "La revolución árabe" de Mohamed Safa - Xoves 20 de abril, 19:30h, Ateneo Ferrolán

A A.C. FUCO BUXÁN convídate á presentación do libro que leva por título LA REVOLUCIÓN ÁRABE. Democracia, nacionalismo, religión y Palestina como nudo gordiano (Editorial Hoja de Lata) polo seu autor MOHAMED SAFA, oftalmólogo, activista i escritor palestino afincado en España. Mohamed Safa cursou os seus estudos de medicina en Santiago de Compostela, reside en Corcubión i exerce a súa profesión en Cee, no hospital Virxe da Xunqueira. A obra que ven a presentar analiza os levantamentos que tiveron lugar nas últimas datas en Oriente Medio e a estreita relación entre a inestabilidade nos Países Árabes do Mediterráneo e a ocupación israelí de Pales-
tina, un longo conflito que complica a eleción de Trump nos EEUU.

O libro cuestiona mitos e afirma que a Primavera Árabe supuxo un impulso democrático cara ó futuro detido pola resposta violenta e a inxerencia extranxeira. O autor aposta pola causa xusta da loita palestina, o respeto á legalidade e a asunción das resolucións da ONU nun intre delicado.

Os libros poderanse adquirir e asinar no mesmo acto polos interesados.


Coa devandita presentación, que se pechará cun coloquio no que poderán participar todos os presentes, a A.C. FUCO BUXÁN da continuidade ó ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO indaga nas claves políticas e pretende contribuir ó debate sobre temas da actualidade na que estamos inmersos. A tal fin, seguiremos convidando a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas progresistas e de esquerdas.