Saltar ao contido principal

I Xornadas de Saúde no Adulto Maior. “Por unha vida máis saudable”



Estimado Sr./Sra.
En calidade de responsable do Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, a Universidade Sénior, poñome en contacto con Vde., con motivo da celebración das I Xornadas de Saúde no Adulto Maior. “Por unha vida máis saudable”, que estamos a organizar para os vindeiros 20 e 27 de abril, 4,11 e 25 de mayo de 2017, no campus de Esteiro en Ferrol.

Entendendo que, o envellecemento activo, segundo a OMS (Organización Mundial da Saúde) é o proceso no que se optimizan as oportunidades de saúde, participación e seguridade a fin de mellorar a calidade de vida personas maiores.

Somos conscientes, de que o envellecemento acelerado da poboación e o aumento da esperanza de vida son un reto da nosa sociedade. Para conquerir un envellecemento activo e saudable é preciso potenciar o desenvolvemento de hábitos de vida saudable, físicos e mentais.

Dende a Universidade Sénior , o programa para maiores da UDC, entendemos que, dende o eido da formación que nos é propio, se pode fomentar o mantemento de hábitos saudables ao longo da vida: unha dieta equilibrada, unha actividad física axeitada, evitar conductas de risco como o consumo de alcohol e tabaco, …, contribuindo a reducir o risco de padecer enfermidades e mellorando a calidade de vida das persoas maiores, sendo esta a finalidade desta iniciativa de formación.

Estas I Xornadas de Saúde no Adulto Maior, pretenden no só ser parte dunha actividade dentro do plan de estudos da Universidade Sénior dirixida a os nosos alumnos/as, senón que pretende ser unha actividade de portas abertas que permita o achegamento do público en xeral, e así dar a coñecer a aprendizaxe que a Universidade da Coruña oferta as persoas maiores de 50 anos que desexen acceder a un novo tipo de formación axeitada as súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

Quixeramos poidese dar a máxima difusión entre o seu colectivo/ socios deste evento que estamos a desenvolver dentro do noso Programa de Maiores, que se dirixe a todas as persoas maiores de 50 anos, que teñan o desexo de acercarse á formación universitaria, para dar resposta as súas inquedanzas.

Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un sincero saúdo.

D. Juan Alberto Sucasas Peón
Subdirector da Universidade Sénior

Mais información en:

Tfno. 881013631
email: secretaria.senior.ferrol@udc.es
web: http://www.udc.es/senior/novas/20170328_Xornadas_de_Saude.html