Saltar ao contido principal

Prantación dun retoño da Árbore de Gernika



Onte, 17 de Marzo, en Narón, diante do Pazo da Cultura, celebrouse a prantación dun retoño da Árbore de Gernika, en lembranza das vítimas do bombardeo daquela cidade, agora que está próximo o 80º aniversario.

Este roble, será un símbolo permanente de fraternidade co pobo vasco, un símbolo de paz, democracia e liberdade contra a barbarie e a intolerancia.

No acto, promovido polo Concello de Narón e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, transcurreu coas intervencións da Presidenta de las Juntas Generales de Bizkaia, Ana Otadui, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco e Enrique Barrera, en representación de Memoria Histórica Democrática.

Participaron tamén o grupo de baile Alxibeira e Banda de Gaitas do Padroado da Cultura do Concello de Narón.

Viva a Árbore de Gernika!
Gora Gernikako Arbola!
Viva el Árbol de Gernika!

Álbum 1
 https://goo.gl/photos/MHMFAPetKpoWkmA57

Álbum 2
https://goo.gl/photos/wufsYBAFKXGqxtHE9

Álbum 3
https://goo.gl/photos/EGhVxqz9CRNdkWck7