Saltar ao contido principal

Caranza: Comparte os teus recordos, as túas vivencias, as historias do barrio


Comparte os teus recordos, as túas vivencias, as historias do barrio

"Memoria dun século" é un espazo para compartir os recordos, as vivencias, os sucesos do barrio. Unha conversa entre os veciños e veciñas para tecer a historia social. Procúrase recuperar a voz de suxeitos que tradicionalmente non tiveron presenza pública. Profundizar na perspectiva subxectiva das mulleres a través da súas historias de vida. Vincular as historias persoais cos procesos macrosociais en que se insiren. “Memoria dun século” usa a autobiografía como un testemuño social. Parte da memoria individual para traer a memoria do territorio e das xeracións pasadas.

Caranza, memoria dun século
Mércores 29 de marzo, 5, 19, 26 de abril, 3, 10, 24 de maio. Ás 17.00h
Na Asociación Veciñal de Caranza. Centro Cívico, 2º piso, Avd. Castelao s/n

Actividade gratuíta
Máis información
698 157 414