Saltar ao contido principal

Actos comunicación do Concello de Narón:



-O “XX Trofeo de Bateis Cidade de Narón” reunirá este sábado a uns 400 regatistas na enseada da Gándara.



-Aldea Nova acollerá o “X Encontro de debate sobre o medio rural galego” organizado polo Concello e Nova Escola Galega.


-O Auditorio municipal acolle mañá unha sesión informativa sobre a praga da couza guatemalteca da pataca.
 Charla sobre a praga da avelaíña guatemalteca da pataca

A Asociación Agrarista Círculo Gacela, coa colaboración da  Consellería de Medio  Rural ea Concelleria de Cultura de Ferrol, orgaiza unha charla informativa sobor a recente problemática da pataca.

A bisbarra de Ferrolterra é unha das bisbarras mais afectadas pola praga da couza guatemalteca da pataca. Unha praga que nos preocupa a todos e todas  xa que na meirande parte das casas temos horta e botamos patacas para nós e incluso para repartir coa familia.

 Aínda que a situación da praga non é nova, nos últimos días asistimos a unha manchea de resolucións, acordos, noticias e declaracións que xeran desinformación e inseguridade sobre que facer.

 A Xunta publicou un par de resolucións sobre este asunto obrigando a declarar as plantacións das patacas de cedo e prohibindo súa plantación ante a recente publicación dun decreto estatal prohibindo as plantacións e obrigando a levantar o xa sementado nos municipios afectados.

 Para aclarar conceptos, analizar o contexto normativo vixente e previsible, e solucionar as dúbidas que se están a xerar, a Asoc. Círculo Gacela organiza unha charla, que será impartida directamente por persoal técnico da Consellaría do Medio Rural.


Data: venres 10 de marzo

Hora: 18.00 horas

Lugar: Centro Cívico de Caranza

Imparte a charla: persoal técnico da Consellería do Medio Rural

 Quedamos a vosa disposición para calquer dubida que vos poida surdir.

Rafa Díaz

Asoc. Agrarista Círculo Gacela.- 661 378 960