Saltar ao contido principal

Homenaxe Bombardeo de Gernika


O 26 de abril de 1937, as aviacións de Italia e Alemaña bombardearon Gernika. Certamente non foi a primeira cidade bombardeada polo aire, nin a que sumou máis mortos, pero converteuse moi ao seu pesar nunha cidade que entrou na Historia, moi asociada á obra pictórica de Pablo Picasso.

A homenaxe que ofrecemos conxuntamente o concello de Narón e a Asociación Memoria Histórica Democrática, plantando un retoño da Árbore de Gernika, simboliza a transmutación dunha icona de irmandade étnico-tribal (no sentido positivo da expresión), nunha icona de irmandade ao redor dun valor transversal: a Paz.




O concello de Narón en colaboración coa Asociación Memoria Histórica Democrática organizan Homenaxe ás vítimas do Bombardeo de Gernika con gallo do seu 80 aniversario.