Saltar ao contido principal

Palestra 23 de marzo ADEGA-FERROLTERRA



Estimada amiga. Esta quinta feira 23 de Marzo, as 19.30h no salón de actos do antiguo hospicio ( /Méndez Núñez s/n Amboaxe-Ferrol ) esta delegación de ADEGA, vai desenrolar unha palestra na que se falará dos valores dos Montes de Brión e do Cha. Uns montes que até ben pouco, ían ser unha entulleira na que se ía depositar os refugallos non valorizávels de fazer o túnel ao porto exterior. Grazas a mobilización de ADEGA, xunto coa veciñanza e o BNG conseguimos que o ministerio de fomento e a autoridade portuaria desbotase o proxecto UNHA GRAN VICTORIA. Nesta palestra se falará da riqueza meio ambiental e cultural que ha nestes montes xunto coa reclamación histórica por parte da veciñanza de que sexan uns montes de uso man común e os poñentes serán: pola veciñanza José Oreona presidente de aavv de Brión, o membro do grupo de arqueoloxía Terra de Trasancos Alberto López e o profesor da UDC e un dos máximos expertos en floresta da Costa Artabra Jaime Fagúndez. Nun archivo anexo deixote o cartaz que elaboramos pra anunciar a palestra por se é do teu interese colalo no teu centro de traballo o nos teus lugares de ocio.

Sen máis e esperando a tua presenza na palestra que promete ser interesante recibe unha forte aperta ecoloxista

--
adegatrasancos@adega.gal//ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza)//Delegación de Ferrolterra//Apartado de Correos 481, C.P.: 15480 - Ferrol//ASÓCIATE!!!//www.adega.gal