Saltar ao contido principal

STOP Desafiuzamentos A Coruña - Venres 7 de outubro: Concentración en apoio ás Xornadas polo dereito á vivenda

Compartimos este chamamento que fai STOP Desafiuzamentos da Coruña para concentrarse este venres 7 de outubro ás 11h diante dos Xulgados desta cidade para apoiar as "Jornadas por el derecho a la vivienda digna ante el Tribunal Supremo - Sin Justicia no hay Derechos" que están a ter lugar en Madrid entre os días 6 e 8 de outubro.




A Coruña, 6 de Outubro de 2016.

Este venres, 7 de Outubro, concentrarémonos nos Xulgados de Coruña ás 11:00h para apoiar as Xornadas polo dereito á vivenda que se están a realizar fronte do Tribunal Supremo os días 6, 7 e 8.

As entidades financieiras e os especuladores ocupáronse, durante anos, de crealas condicións necesarias para a formación dunha burbulla inmobiliaria. Cando esta burbulla colapsou en 2008, o resultado para as familias traballadoras foi o desemprego, as execucións hipotecarias e as débedas perpetuas. Nos últimos oito anos, máis de 600.000 execucións hipotecarias das que 200.000 corresponden expulsións da vivenda habitual.

A maiores, a Administración Pública actúa como axente salvador destas entidades privadas, saneando as súas débedas, practicando recortes para a clase traballadora e desafiauciando a milleiros de familias. Isto último supón un boicot á resolución do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que califica estas execucións como inhumanas e ao mesmo tempo permance impasible ante este incumprimento nos estratos mais baixos do Poder Xudicial do que forma parte.

Moitas das traballadoras e dos traballadores atopamos refuxio na solidariedade das plataformas como a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) ou Stop Desafiuzamentos onde nos organizamos e tentamos combatir estas inxustizas sociais.

Por todo isto, apoiamos a petición de que se paralicen os desafiuzamentos, que se eliminen e supriman as cláusulas abusivas e que se responsabilicen ós culpables da recesión económica e maila formación e estalido da burbulla inmobiliaria.





Concentración en apoio da acampada fronte o Tribunal Supremo


Venres
7 de Outubro
Xulgados da Coruña, Rúa Monforte s/n
11:00H