Compartimos esta invitación que fai a Editorial Kalandraka para asistir ao concerto que terá lugar este xoves 27 de outubro, ás 20:30h no espazo Linda Rama da Coruña: da man de Ruper Ordorika e Isaac Rubín, recitarán e cantarán a J. Sarrionandia.
RUPER ORDORIKA E ISAAC XUBÍN INTERPRETAN A OBRA DE SARRIONANDIA NUNHA XIRA DE RECITAIS POÉTICOS EN COMPOSTELA, VIGO E A CORUÑA
Os versos de Joseba Sarrionandia recompilados na antoloxía “Tempo de exilio”, soarán en galego e en éuscaro grazas ás voces do tradutor da obra na nosa lingua, Isaac Xubín, e do cantautor vasco Ruper Ordorika. Ambos protagonizarán unha xira de recitais poéticos que se van celebrar na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 25 de outubro, no Café De Catro a Catro en Vigo o día 26, e o 27 no espazo Linda Rama da Coruña, todos ás 20:30 horas e con entrada de balde.
“Tempo de exilio” –polo que Isaac Xubín recibiu o I Premio Etxepare-Laboral Kutxa de Tradución 2015– é a primeira escolma de poemas de Sarrionandia publicada nunha lingua distinta á orixinal en éuscaro. Sarrionandia é un dos máximos referentes da literatura vasca moderna, autor dos títulos máis sobranceiros da lírica vasca posterior a Gabriel Aresti, e recoñecido co Premio Aldekoa, o Premio da Crítica e o Premio Euskadi de Literatura.
Pertencente á colección Tambo do selo Faktoría K de Libros –onde Xubín tamén traduciu a escolma “Alén da fronteira” (Premio Lois Tobío de Tradución 2012) coa obra de sete poetas vascos–, a edición bilingüe de “Tempo de exilio” contén poemas que se converteron na banda sonora do devir máis recente do pobo vasco, ao seren musicados por artistas como Ruper Ordorika.
O intérprete guipuscoano estará acompañado no escenario por Isaac Xubín, cantando e recitando xuntos composicións tan emblemáticas como “Martin Larralde”, “Ibaizabal” e “Poesiaren gauza galdua”.
- Área de Cultura e Comunicación
- A.C. Fuco Buxán
- Área de Movemento Obreiro e cidadán
- Comité Cidadán de Emerxencia
- Área de Benestar Social
- Reganosa
- Ateneo Ferrolán
- Área de Medio Ambiente
- RadioFilispiM
- Área de Inmigración
- Área da Muller
- Poesía
- Radio
- A Nosa Biblioteca
- Dereitos
- Concello de Ferrol
- Foro Galego Inmigración
- Inmigrantes
- Memoria Histórica
- Solidariedade
- Xustiza
- Crise
- Convocatorias
- Desafiuzamentos
- Marcha Mundial das Mulleres
- Mesa Debate
- Dereitos e liberdades
- Entrada Gaseiro
- Educación
- Sanidade
- Rede de Apoio Mutuo
- Violencia de Xénero
- Xunta de Galicia
- Galería Sargadelos
- Concello
- Cultura
- A Coruña
- Exposición
- Cooperación
- Accións
- Asociación Memoria Histórica Democrática
- Falecementos
- Navantia
- Razón Socialista
- Asemblea
- Comunicados
- Tribunal Supremo
- Área de Xuventude
- Ártabra 21
- Plataforma Remunicipalización
- Plataforma Sanidade
- STOP-DESAFIUZAMENTOS
- 10 de Marzo
- Campus Esteiro
- Ciclo [Democracia e Compromiso]
- Contaminación
- Encontro Social de FerrolTerra
- Marcha Mundial das Mulleres Ferrolterra
- Plataforma Queremos Galego
- SOS Sanidade
- Stop Desafiuzamentos
- ADEGA
- Reivindicacións
- Activismo
- Centro Culrural Carvalho Calero
- Servizos Públicos
- AGAMME
- Apoio
- Asociacións Ferrol
- Carmelo Teixeiro
- Poesía Salvaxe
- crowdfunding
- Ano Quessada 2016
- Celso Emilio Ferreiro
- 8 de Marzo
- AGAVIDA
- Activismo Social
- Armeria
- Álbum Fotos Fuco
- Ciclo [Ferrolterra presente e futuro]
