Saltar ao contido principal

Presentación da revista "Ollaparo" o venres 5 de agosto ás 18h no Ateneo Ferrolán

Este venres 5 de agosto, ás 18:00h, no Ateneo Ferrolán terá lugar a presentación da revista "Ollaparo".



Non se trata dunha publicación nova precisamente, xa que foi aló polo ano 1984 cando, produto do "activismo nado ao abeiro da Sociedade Cultural Chirlateira de Cedeira" sacou o seu primeiro número. Trátase dunha publicación escrita íntegramente en galego, e que proclama ter por principios "o voluntarismo gozoso, a dignidade e o servizo á xustiza social,  á soberanía do pobo galego e ás liberdades".

Contará coas intervencións de Gabriel Beceiro -coordinador e editor da revista Ollaparo-, Fernando Igrexas -parceiro fundador de Ollaparo- e Rafael Cid -xornalista e colaborador-.

Máis información: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2016/06/presentacion-revista-ollaparo-venres.html