Saltar ao contido principal

Compilación de novas enviadas dende as plataformas en defensa da sanidade pública

Estes días recibimos unha boa cantidade de información de interese sobre a Sanidade Pública enviadas dende AGDSP, a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública.

Para comezar, SOS Sanidade Pública Pontevedra fixo público nos pasados días un comunicado no que denuncia que neste período estival, Santiago (CHUS) so dispón dun único quirófano de cardioloxía aberto, exclusivamente para urxencias vitais. O comunicado ven ilustrado co padecemento que está a vivir unha persoa enferma de 76 anos por mor desta situación: Nota AGDSP cierre quirófanos CHU Santiago

Continuamos con outra denuncia, neste caso sobre a desprotección dos datos sanitarios da poboación de Pontevedra, e de Galicia, na que informan cómo se está dando acceso aberto aos expedientes dos pacientes da pública dende a privada, pero se denega o contrario, no que indican que supón unha violación da protección de datos, e poñer os intereses privados por riba da saúde das persoas.

Outra nota que nos chega dende a AGDSP baixo o título Nota AGDSP recorte gasto sanitario, fai un balance sobre os recortes realizados polo goberno autonómico en materia de sanidade pública, en paralelo cun incremento de inversión na sanidade privada. Esta nota remata cun chamamento aos partidos e forzas progresistas para que se esforcen en evitar 4 anos máis de goberno de Feijoo e do PP.

E non todo van ser malas noticias: noutra nota, informan que o pasado 4 de agosto, a  Plataforma de Afectados dás Preferentes en Galicia fixo unha doazón de 1.000 euros á Plataforma SOS Sanidade Pública e a outras tres plataformas máis como a Asociación de Amigos do pobo Saharaui, a Plataforma de Afectados pola Hepatite C e a ONG Médicos do Mundo: Nota AGDSP donación plataforma preferentes. Toda unha mostra de solidaridade, que ten máis valor vindo dun colectivo que segue a loitar por ver restituído aquilo que lle foi roubado con malas artes pola banca, e que aplaudimos dende aquí.

Para finalizar, e tal e como nos lembran noutro comunicado, informamos que segue aberta a campaña de crowdfunding para xuntar fondos cos que financiar a denuncia ante a Comisión Europea pola vulneración da legalidade estatal e comunitaria no caso da privatización do Novo Hospital de Vigo mediante un contrato de concesión de obra pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) levada a cabo polo goberno do PP da Xunta de Galicia. Están a punto de conseguir os 4.100€ mínimos que necesitaban para levar a cabo esta denuncia, pero aínda lles falta un empuxonciño. Se queres botar unha man, podes informarte na páxina de facebook da campaña, ou na páxina web da campaña de crowdfunding. Tamén recomendamos a lectura do artigo O rescate do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Pablo Vaamonde, para saber máis sobre este caso.