Asociación Cultural Fuco Buxán

Lembranza de Regino Varela Martínez en caamouco.net

A web caamouco.net, ven de adicarlle un artigo a Regino Varela Martínez baixo o título "A Memoria dun veciño".

Para os que non o saiban, Regino Varela ademáis de socio e amigo de Fuco Buxán, foi un dos protagonistas da loita social no pasado século en Ferrolterra. Algo do que dan testemuño publicacións como "Biografías Obreiras de Ferrol. Volume II", editada pola Fundación 10 de Marzo.

A pesar de termos que lamentar o seu pasamento o 25 de xullo de 2014,  a súa pegada continúa presente, tal e como testemuñan o citado artigo, cuxa lectura recomendamos encarecidamente.


A+ | a-

Séguenos no Twitter