Unha proposta de obxectivos e orde do día para a XV Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de FerrolTerra e da Rede de Apoio Mutuo. Día: Martes 6 de Novembro. Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro. de 19 a 21 horas. Obxectivo da reunión: • Recibir información da Asemblea da Cooperativa Arméria e dos próximos pasos a dar na constitución legal da entidade. • Deliberar e acordar sobre a Rede de Apoio Mutuo e os casos de desafiuzamento pendentes. • Deliberar e acordar sobre a Folga Xeral do vindeiro 14 de Novembro. • Debater e avaliar a situación da Comarca. • Avaliar os avances do Encontro.
Coa seguinte orde do día:
1º Asemblea Xeral de Arméria do pasado 27 de Outubro (Aprobación de Estatutos, nomeamento do Consello Reitor e Interventor/a, trámites legais, ...).
2º Local de Arméria.
3º Informacións (se as houber): plataforma sanidade, plataforma malgasto, colectivo defensa dos espazos públicos, ...
4º Volveu funcionar a Rede de Apoio Mutuo, no caso do desafiuzamento da vivenda da barriada das sindicais de San Pablo en Catabois. O asunto pendente d'As Rosas de Caranza. Outros e coordinación.
5º Debater e avaliar sobre a situación da Comarca (Navantia, Poligal, Desemprego, Xente do Mar, ...).
6º Convocatoria da Folga Xeral do 14 de Novembro. O papel do movimento social.
7º Constituída unha Alianza Social Galega (Obxectivos, ...).
8º Información da xuntanza para a organización e posta en marcha das redes avisadoras - divulgadoras de seguros éticos e enerxías renovábeis na economía solidaria en Galiza.
9º Outros asuntos se os houber.
Encontro Social de Ferrol Terra