Saltar ao contido principal

Festa na tenda Troco en Ferrol, o sábado 11 de Maio a partires das 12:00 Horas.


Co motivo do cambio de tempada na tenda queremos convidarvos a una festa este sábado 11 de Maio a partir das 12h así que ide alixerando os armarios chegou o tempo da manga curta e dos tirantes

Ademais faremos "De Troco un pouco" isto quere decir que trocaremos roupa na tenda como vimos facendo ate agora e no espacio exterior poderemos trocar entre nós outros obxetos (libros, xoguetes, discos, material deportivo, ferramenta...) tamen propoñemos aproveitar esta ocasión para trocar sementes xa que estamos no tempo de plantar.

Como noutras ocasions cada un pode levar algo para picar e sería estupendo que viñese acompañado da receta así tamen as trocamos,alí haberá bebidas a prezos moi económicos.
Animádevos a pasar una boa xornada facendo "De Troco un pouco"!.

Tamén informamos que o venres 10 de Maio a tenda non abrirá en horario de tarde (de 17h. a 20h.) porque o grupo de traballo estaremos facendo o cambio de roupa e preparando a festa se alguen se anima a vir a axudarnos estaremos alí a partir das 17h.

Saudos!

Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega

Morada e enderezo Postal:

Avda. Castelao S/N, Traseira do Mercado de Caranza.
CP 15406 Ferrol (GALIZA)

Web:

Facebook:

Correo-e:
tendadetroco@gmail.com