Saltar ao contido principal

Inaugurada a Tenda de Troco en Ferrol, Cooperativa Armeria.



 


Situada na traseira do Mercado de Caranza, é unha iniciativa de ARMERIA, Sde. Cooperativa, como servizo público e para que a xente a use e goce facendo trocos, que o vexa sinxelo e cómodo, mais, o principal obxectivo da tenda é crear conciencia, outra maneira de ver a economía. 

Máis información sobre a tenda nesta ligazón:

Lembra que ali mesmo pódense entregar para o BANCO DE ALIMENTOS artigos de alimentación (non perecedoiros) e de hixiene. Moitas persoas en situación difícil agardan a colaboración de todos e de todas.




En vista da grave situación que estamos a padecer na bisbarra, a Rede de Apoio Mutuo-Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra, quere facer un chamamento de emerxencia.

Actualmente estamos a tratar uns 15 casos de posibles desafiuzamentos, algunha destas familias ten fillos menores ao seu cargo, non teñen ningún ingreso, nin un anaco de pan que levarse á boca. Algúns estás asistindo ao comedor social, e a única alternativa que lles dá o Desgoberno municipal é que vaian pedir Cáritas.

Necesítanse con urxencia cueiros para un neno (Talla 6), produtos de limpeza e hixiene persoal e calquera alimento que poidades doar que non sexa perecedoiro ou con bastantes días de marxe, tipo; arroz, cereais, lentellas, fabas, garavanzos, chícharos, patacas, conservas, leite, etc..

Calquera asociación, partido político, sindicato, colectivo, etc. que queira sumarse a esta campaña de recollida de alimentos e incluír o seu local, pode comunicalo nesta páxina ou ben chamando o tlf: 637 567 497

Os locais habilitados polo momento para a recollida destes alimentos son:


* Asociación Lazos Pro-Solidariedade
Dirección: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo, Ferrol. Horario: Lúns a Venres de 09:00 a 14:00hs.

* Asociación Cultural "Fuco Buxán"
Enderezo: Rúa Armada Española n.º 32, Ferrol. Horario: Mércores de 11:30 a 13:00hs.

* Tenda de Troco (Armeria Soc. Coop. Galega) Enderezo: Parte traseira do Mercado de Caranza. Horario: Lúns, Mércores e Venres de 11:00 a 13:00. Lúns, Mércores e Xoves de 17:00 a 20:00hs.

* Colectivo Sociocultural "A Revolta de Trasancos" Enderezo:: Rúa Alcalde Quintanilha, L-3 Local nº2, (Vivendas As Rosas de Caranza), Ferrol. Para deixar axudas a calquer hora mais antes chamar por telefono ao coordenador (André) ao telefono 605455340.

* Esquerda Unida Ferrol Enderezo: Sol, 124, entrechán esquerda. Horario: Mércores de 18:00 a 20:00hs.


Envento Banco de Alimentos de Emerxencia Social no facebook:
http://www.facebook.com/events/150067935156137/




Traballo comunitario par a Tenda de Troc:



Este martes 19 de Marzo dende as 17 as 19h faremos unha primeira xornada de traballo para intentar recuperar e mellorar o exterior do local da cooperativa na traseira do mercado de Caranza. Os traballos que faremos serán:

  • quitar óxido das rellas para tratalas e pintalas.
  • pintar dúas columnas e poñer o logo da cooperativa e da tenda.
  • adornar con plantas.

Os materias e ferramentas que precisamos nesta xornada son: cepillos de ferro ou algún tipo de pulidora-lixadora, maceteiros, terra e plantas, luvas... 

Para facer estes traballos contamos coa colaboración d@s soci@s que queiran achegarse e tamén c@s que queiran aproveitar para darlle as horas de traballo a cooperativa.

Aproveitamos esta ocasión para informar que xa chegamos ás trinta fichas de usuari@s da tenda e esperamos seguir medrando día a día,pois son moitas as persoas que se achegan a preguntar.Seria moi positivo ampliar o horario de apertura  para o que estaría ben que máis soci@s colaboraran atendendo na tenda.Tamén estamos preparando a festa de inauguración,informaremos da data máis adiante.

  Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega
web:


Correo-e:
tendadetroco@gmail.com


Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra:

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
--

Rede Social de Ferrol Terra

Encontro | Foro | Rede de Apoio Mutuo | Arméria Soc Coop
Directorio (Teléfonos, Correos, Blogues e Web)

http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/