Saltar ao contido principal

A ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN, COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO DIARIO DE FERROL



Ante a convocatoria de folga para o mércores e xoves, 2 e 3 de setembro, por parte dos traballadores e traballadoras do DIARIO DE FERROL, a Asociación Cultural Fuco Buxán, mediante o seguinte comunicado, quere facer pública a súa solidariedade plena cun colectivo que vén defendendo, nunha longa loita, a súa dignidade como profesionais, segundo as súas propias palabras, "porque queremos informar, non mendigar; queremos un traballo digno e con dereitos e esiximos o pagamento íntegro dos nosos salarios".

Como cidadáns, non podemos permanecer alleos a un problema que a todos nos incumbe: é a liberdade de expresión, dende o noso único xornal local, en definitiva, o que está en xogo, mentres o súa equipa - que deu máis que suficientes probas de buscar solucións razoables a uns problemas dos que nunca foron responsables- vén sendo vítima dunha situación laboral insostible da que non son merecedores e que pon en certo risco o seu futuro e o noso dereito a ser informados.

Estamos convosco. Que non nos calen coa súa lei do silencio.

A ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN