Saltar ao contido principal

Alegacións ao proxecto de nova autorización de Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia presentou ante a Dirección General de Política Energética y Minas del Ministerio de Industria Energía y Turismo, escrito de ALEGACIÓNS, con data 1.07.2016 e AMPLIACIÓN DE ALEGACIÓNS o 5.7.2016, ao Proxecto de Resolución de NOVA AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA PREVIA Á PLANTA DE GAS DE REGANOSA, logo de que a anterior Autorización fora declarada ilegal polo Tribunal Supremo.



A esta sentenza de ilegalidade do Supremo, respondeu o Goberno en funcións do Partido Popular, eximindo a REGANOSA da Declaración de Impacto Ambiental.

Unha vez máis o Goberno, que debera ser o primeiro garante no cumplimento das sentenzas xudiciais, actúa de cómplice das irregularidades e corrupcións desta Planta de Gas de REGANOSA, fraude e amenaza permanente para a cidadanía.

ESCRITODE ALEGACIÓNS

ESCRITODE AMPLIACIÓN DE ALEGACIÓNS.




Máis información na web: www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com

Para axudas económicas:

C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995