Saltar ao contido principal

O Supremo anula o Plan de Emerxencia de REGANOSA. O CCE recurre ante o T.Supremo o acordo do Goberno eximindo a REGANOSA da Evaluación de Impacto Ambiental

Estamos de noraboa: o Comité Cidadán de Emerxencia, a través dunha publicación na súa web acaba de facer saber que o Tribunal Supremo, mediante sentenza 1966/2016 de 26 de xullo cte., anula o Plan de Emerxencia Exterior de REGANOSA, que fora aprobado por RD 144/2007 e recorrido pola Plataforma de Veciños “O Cruceiro” de Mehá.


Pode accederse a esta nova, e á sentencia íntegra na seguinte ligazón: Comité Cidadán de Emerxencia - O Supremo anula o Plan de Emerxencia de REGANOSA
Por outra banda, o Comité Cidadán de Emerxencia tamén fixo público que o pasado día 26 de xullo, a Asesoría Xurídica deste Comité Cidadán de Emerxencia presentou, ante o Tribunal Supremo, Recurso Contencioso Administrativo, contra o acordo do Goberno do PP que excluía a REGANOSA do trámite de Evaluación do Impacto Ambiental.

Solicítase a declaración de nulidade deste acordo e a paralización inmediata das actividades da Planta, como consecuencia das anteriores Sentenzas anulatorias da Autorización Admva. Previa, Autorización de Funcionamento e Plan de Emerxencia Exterior.

Máis información sobre este feito, e o texto íntegro do recurso, na seguinte ligazón: Comité Cidadán de Emerxencia - O CCE recurre ante o T.Supremo o acordo do Goberno eximindo a REGANOSA da Evaluación de Impacto Ambiental

Imos por bo camiño. PLANTA DE GAS, PECHE XA!