Saltar ao contido principal

Reportaxe fotográfico e Audio da Presentación do libro e Conferencia de Manuela Carmena

Reportaxe fotográfico e Audio da Presentación do libro e Conferencia de Manuela Carmena que a nosa asociación organizou dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso]:



Reportaxe Fotográfico [Fotos: A. C. Fuco Buxán]: 

A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso] que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá. O ciclo que pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas (dentro da nosa ideoloxía de pensamento progresista de esquerda).

Ata o de hoxe, organizamos os seguintes actos do [Ciclo Democracia e Compromiso]:

• Ensino: Conferencia – Coloquio de Vicente Álvarez Areces.
• Conferencia de Pablo Álvarez Fernández: Polo Dereito á Enerxía.
• Conferencia de Nieves Santomé: "REFUXIADOS E INMIGRANTES".
• Conferencia - Coloquio de Manolo Lago: "Balance da Lexislatura. Milagre Económico?"
• Presentación do libro “O último día de Terranova” de Manuel Rivas.
• Conferencia "Democracia alegre contra el miedo triste" Juán C. Monedero Fernández.
• Presentación do libro “Código Rojo” de Luís Gonzalo Segura.

E temos previsto realizar os actos que seguen:

Antón Losada Trabada (Jove, 1966) periodista, escritor, político. Conferencia o xoves 21 de abril ás 20:00 horas no Ateneo Ferrolán. [Ciclo Democracia e Compromiso].

• Xoves 7 de abril no Ateneo Ferrolán Asemblea ordinaria de socios e socias da A. C. Fuco Buxán, ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda convocatoria. Posterior Debate Aberto a toda a cidadanía a partir das 20:00 horas.

Por outra banda, sinalar que para unha asociación como a nosa supón un serio esforzo -sobre todo económico- conseguir o amable desprazamento ata Ferrol de tódolos conferenciantes.

Por este motivo, pedimos a vosa colaboración:

• Difundindo os actos previstos

• Facendo unha doazón: nos actos que desenvolvemos, sempre imos acompañados dalgunha das nosas producións como asociación -chapas, libros, documentais en DVD, ou o último número da nosa revista FUCO BUXÁN- coas que agasallaremos a vosa xenerosidade en función da cantidade doada. Por outra banda, tamén é posible contribuír facendo un ingreso na conta:
ES75-2080-0222-8230-4001-5401
• Seguíndonos nas redes sociais: poderás atoparnos en Facebook, Twitter e na web.
• Inscribíndovos como socios e socias, contribuíndo ó crecemento da asociación e ó seu sostemento, tanto no económico como na súa actividade.

Así mesmo, convidamos a toda a cidadanía a participar no Debate Aberto que terá lugar ás 20:00 horas no Ateneo Ferrolán. Despois da nosa asemblea ordinaria de socios e socias queremos realizar un Debate Aberto a cantas persoas o desexen, un Debate que lles permita expresar a súa opinión e realizar as propostas que consideren, ademais, para situar os problemas da comarca nun primeiro plano. Agardamos vervos alí!

CICLO [DEMOCRACIA E COMPROMISO]