Asociación Cultural Fuco Buxán

Presentación en ACAMPA do libro LA REVOLUCIÓN ÁRABE polo seu autor Mohamed Safa

Dentro do marco das actividades a desenrolar en ACAMPA, a A.C. FUCO BUXÁN convídate á presentación do libro que leva por título LA REVOLUCIÓN ÁRABE. Democracia, nacionalismo, religión y Palestina como nudo gordiano (Editorial Hoja de Lata) polo seu autor MOHAMED SAFA, oftalmólogo, activista i escritor palestino afincado en España. Mohamed Safa cursou os seus estudos de medicina en Santiago de Compostela, reside en Corcubión i exerce a sua profesión en Cee, no hospital Virxe da Xunqueira. A obra que ven a presentar analiza os levantamentos que tiveron lugar nas últimas datas en Oriente Medio e a estreita relación entre a inestabilidade nos Países Árabes do Mediterráneo e a ocupación israelí de Palestina, un longo conflito que complica a eleción de Trump nos EEUU. O libro cuestiona mitos e afirma que a Primavera Árabe supuxo un impulso democrático cara ó futuro detido pola resposta violenta e a inxerencia extranxeira. O autor aposta pola causa xusta da loita palestina, o respeto á legalidade e a asunción das resolucións da ONU nun intre delicado.

Os libros poderanse adquirir e asinar no mesmo acto polos interesados, que terá lugar no auditorio do kiosko Alfonso o Sábado 17 de xuño ás 17,00h.


A+ | a-

Séguenos no Twitter