Festa de Cultura Popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán – O Seixo
sábado 27 de xuño de 2015
sábado 27 de xuño de 2015
“Nunca choveu que non escampara”
O Festival ten dúas actividades diferenciadas: unha Feira Cultural que terá lugar no Souto de Beiramar (O Seixo), entre as 14 e as 19 horas, e unha Gala Solidaria, a partir das 20 horas, na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo.
A Feira Cultural contará con actividades como poesía, roteiros, música tradicional, xogos populares, exposicións e diversas actividades, organizadas polas entidades participantes na Festa. Iniciarase cunha comida no fermoso paraxe do Souto de Beiramar ás 14 horas. En caso de choiva a Feira terá lugar nos locais da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega.
A Gala Solidaria será un festival artístico e musical que se vai desenvolver na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, e na que participarán o Mago Fiz, Lenda Ártabra, Faraway, Trío Blues, Alumnos da Escola da Vaca, Óscar Fojo, Saravá Criôlo, Eugenia Sanmartím, Bitxo Bola, Os Derradeiros e DJ Miguel López.
En breves datas o Ateneo porá á venta as entradas para a Gala Solidaria (5 euros) no seu local e noutros pontos de venta.
Acudide!