Saltar ao contido principal

Polo noso futuro: 10 de marzo | Día da Clase Obreira Galega

A A. C. Fuco Buxán manifesta o seu apoio á folga xeral convocada polos sindicatos en defensa da comarcas para o día 10 de marzo.

A elección dunha data como o 10 de marzo non é unha casualidade, ten un significado, é o corenta e nove aniversario dun fito histórico como foron os sucesos de 1972. Unha mobilización dos traballadores de Bazan Ferrol, en demanda da negociación dun convenio propio –a causa da reivindicación deste convenio era que os Xurados de Empresa do sur estaban controlados pola Dirección a diferenza do Xurado de Ferrol, cuxo peso determinante era de militantes comunistas de comisións obreiras -foi disolta por disparos da policía franquista causando decenas de feridos de bala e a morte de Daniel Niebla e Amador Rey.


O 10 de marzo de 1972 foi un acontecemento histórico na loita do movemento obreiro polos seus dereitos e lograr unha sociedade máis xusta e democrática. Estaría ben lembralo, nestes momentos de reinterpretación da Memoria Histórica. A democracia foi posible polo sacrificio de miles de persoas, na súa maioría anónimas, non unha concesión nin un agasallo gratuíto, porque asistimos a un momento de revisionismo e involucionista con representación no parlamento e nas diferentes estruturas do Estado que están a significar un grave retroceso democrático. 

A convocatoria dunha folga xeral é a expresión máxima do descontento ante unha crise tan grave como a que atravesan as comarcas de Ferrolterra. O incesante peche e desmantelamento de empresas entre outras a Térmica das Pontes, Alcoa, Poligal, Siemens- Gamesa, Noa Madeira e negocios de todos os sectores, tradúcense en miles de despedimentos que nos levan a unha taxa de paro do 21 %, sen computar de momento os traballadores en Erte. 

As nosas comarcas necesitan axudas e investimentos públicas e privadas. O Goberno Central e a Xunta teñen que asumir o papel determinante sen demora. En canto a falta de investimentos públicos, o Partido Popular e o Partido Socialista son responsables da situación de deterioración de Navantia Ría de Ferrol. Os sindicatos pregúntanse por que un proxecto que o ano 2018 considerábase necesario para o futuro do estaleiro como é o Plan de Modernización Estaleiro 4.0, redactado durante o goberno de M. Rajoy continúe hoxe, co actual gobernó, paralizado e parece que descartado. A modernización das instalacións é o piar necesario para reducir custos e prazos e gañar competitividade fronte outros competidores. A construción dunha fragata nun dique cuberto o seu poñería un aforro de máis de medio millón de horas respecto á súa construción na bancada. 

Paralízase a modernización do estaleiro, non se afronta a construción dun dique de 400 metros para Reparacións e redúcese a capacidade de Turbinas. Estas son decisións políticas e preguntámonos onde está a voz dos nosos representantes políticos, temos experiencias pasadas como a chamada Reconversión do que significan as covardías interesadas e as súas consecuencias. O futuro do estaleiro depende da súa transformación, a execución da obras supoñerían un investimento de 400 millóns € que, para suavizar o seu impacto, desenvolveríase en varias fases todo finalizaría no ano 2030. 

Os sindicatos denuncian que a Dirección ten unha axenda oculta para reducir todas as capacidades e a competitividade de Navantia Ría de Ferrol. Unha pregunta que se fan os traballadores é o modelo organizativo, a Dirección Central ha nomeado en catro anos catro Directores para o estaleiro de Ferrol.

A convocatoria de folga está plenamente xustificada e facemos un chamamento a todos os sectores sociais ao apoio da folga.