Saltar ao contido principal

AGA - Campaña de trampeo de primavera - Programa STOP vespa velutina - Datas actualizadas

A xente da Asociación Galega de Apicultura (AGA) de Ferrolterra nos envían este comunicado no que promoven entre a xente a realización dunha campaña colocación de trampas contra a vespa velutina esta primaveira, coa fin de evitar que esta praga, perigosa para o ser humán e letal para a poboación de abellas, siga a medrar:

CAMPAÑA DE TRAMPEO DE PRIMAVERA - PROGRAMA STOP VESPA VELUTINA
As velutinas representan un problema importante de todos xa que devoran insectos beneficiosos que garanten a biodiversidade, acaban coa froita e representan un risco serio para as persoas.
Os centos de raíñas que xera cada niño velutino en outono coa primavera reinician o seu ciclo vital para fundar novas colonias, sendo cando mellor se pode loitar contra a praga, xa que na primavera cazamos raíñas.

Unha campaña intensa de trampeo na primavera reduce o número de niños ata un 75%. Participa e pon na túa horta ou xardín un par de trampas colgadas das árbores en flor como camelias e frutais xa que é alí onde van buscar alimento. ¡Lembra, raíña cazada, niño evitado!

Nas botellas plásticas de 1.5 ou 2 l. debemos meter uns 250 cc de atraente a base de cervexa (40%), viño branco (40%) e zume de arandos ou outras froitas (20%). O atraente tense que renovar cada 15 días, sen lavar a trampa e deixando no interior 2 ou 3 velutinas. Así se consegue máis eficacia.

PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN MEDIO AMBIENTAL STOP VELUTINA EN FERROL E NARON
AGA FERROLTERRA sigue a súa campaña primaveral STOP VESPA VELUTINA polas parroquias do rural da bisbarra.













A vindeira seman continuamos noso traballo divulgativo percorrendo todas as parroquias rurais do concello de Naron e Ferrol. Vindeiras parroquias que visitaremos:

  • Martes, 26 de abril, PEDROSO.- Local Asoc. Cultural A Pombiña, ás 19 horas 
  • Mercores, 27 de abril,SEDES.- Local da AVV Rosa dos Ventos, ás 20 horas
  • Venres 6 de maio:
    • AVV de Valón (Ferrol), a las 19:30 horas. 
    • Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) de Ferrol, 20 horas. 
  • Sabado 7 de maio.- AVV de Brión (Ferrol), 19 horas. 
  • Luns 9.- A.VV. Santa Icia (Ferrol), 19 horas
  • Martes 10.- A.VV. Cobas (Ferrol), 19 horas
  • Mércores 11.- A.VV. Mandia (Ferrol), 19 horas
  • Xoves 12.- A.VV. San Xurxo (Ferrol), 19 horas
  • Venres 13.
    • A.VV. de Castro (Naron), 19 horas.
    • Asoc. CIRS de Cervas (Ares), 20 horas.
    • A. VV. Serantes (Ferrol), 20 horas. 
  • Venres 20.- Sdad. Atenencia, Redes/Camouco (Ares), 20 horas.
  • Martes 24.- Casa de Cultura de Valdoviño, 20 horas.
  • Xoves 26.- 
    • Asoc. Agrarista Círculo Gacela (Ferrol), 19 horas. 
    • Sdad. Alianza Aresana (Ares), 20 horas.

Quedan por anunciar para este mes 8 charlas máis en Naron, 2 en Valdoviño (Coop. de Lago y Vilaboa) e 2 en Ares.

Asociación Galega de Apicultura “AGA” desde 1980 colaborando coas nosas amigas as abellas e velando polo medio ambiente.

Para calquer dubida que teñas contacta coa Delegación Ferrolterra de AGA.- Teléf.: 661 378 960 – Correo: dagaferrol@hotmail.com.