Saltar ao contido principal

Documento-Declaración Dereitos humanos e principios no ámbito dixital e en internet.




Aseguremos os dereitos humanos en Internet.

Espazo Ecosocialista insta á Xunta de Galicia a asegurar os Dereitos Humanos no ámbito dixital.

Na metade do século pasado a aparición da electrónica supuxo un substancial avance no eido tecnolóxico, avance que deu outro pulo importantísimo coa aparición da internet nas últimas décadas so século XX.

En poucos anos, esta nova ferramenta converteuse en básica para persoas, comunidades, organizacións, gobernos, en calquera tipo de actividade. A incidencia e o fenómeno social que supón, ven requirindo hai tempo unha regulación propia e especifica, que recoñeza aspectos e valores para todos os actores, ao mesmo tempo que obrigas e responsabilidades. Non será posíbel unha regulación xusta sen ter en conta os valores, xeitos e formas de funcionamento da Internet dende o seu nacemento.

Non facelo, supón non entender nin avaliar a verdadeira importancia do que tratamos, perverter unha realidade social aloxándoa do obxectivo e do interese xeral. Chega o momento de recoñecer a seu carácter de ben público e, polo tanto, cadanseu, dende a súa responsabilidade asumir o seu papel.

Desenvolver, en resumo, unha lexislación propia, que lonxe da inseguridade xurídica da actual, forneza un marco xusto para todos.

Para poder dar os primeiros pasos é necesario recoñecer e atribuírlle o seu carácter, o mesmo tempo que facer unha avaliación de como teñen que se trasladar os dereitos e liberdades da cidadanía a internet.

Espazo Ecosocialista Galego, ao amparo da declaración conxunta de xuño de 2011 da ONU e outros organismos internacionais, na que instaura o acceso a internet como dereito humano de alta protección, e na resolución, da Asemblea xeral da ONU, de xullo de 2012, para a promoción, protección e goce dos dereitos humanos en internet, fai público recoñecemento dos dereitos fundamentais e liberdades públicas no ámbito dixital, nomeadamente en internet, presenta o Documento-Declaración Dereitos humanos e principios no ámbito dixital e en internet

Para elo, a Area de Liberdades e Radicalidade Democrática de Espazo, toma como base a declaración da ONU de entender o acceso a internet coma un dereito humano e a Carta de dereitos humanos e principios en internet, desenvolvida pola Dynamic Coalition on internet Rights and Principles e inspirada na Carta da asociación para o progreso das comunicacións de dereitos da internet e outros documentos pertinentes.

Para Espazo Ecosocialista, estamos diante dunha actividade e o fenómeno social que supón, establecendo relacións de todo tipo, e de facto dereitos e liberdades que son propias do seu funcionamento dende a súa orixe e que é necesario preservar, asegurar e fomentar.

A declaración aborda diversos aspectos coma o dereito ao acceso, a súa liberdade e seguridade, a non discriminación, o dereito a privacidade e a protección de datos, os dereitos da infancia ou a seguridade.

Nese senso Espazo Ecosocialista dará traslado de dito Informe ao Grupo Parlamentar de AGE para que por medio dunha PNL inste á Xunta de Galicia a demandar a nivel estatal e desenvolver a nivel autonómico, o recoñecemento e protección dos dereitos fundamentais e liberdades públicas no ámbito dixital, nomeadamente na Internet.

Axuntamos o Documento-Declaración en PDF

www.espazoecosocialista.org/index.php?option=com_content&view=article&id=219:aseguremos-os-dereitos-humanos-no-ambito-dixital&catid=9&Itemid=506



COORDINADORA NACIONAL

ESPAZO ECOSOCIALISTA GALEGO (membro de AGE)

Praza de Sofía, 3. Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881 959 157 / 692 212 166

Correo electrónico: espazo@espazoecosocialista.org

Twitter:@ESPAZO_ecosogal

www.espazoecosocialista.org


Dereitos humanos e principios
no ámbito dixital e en internet. PDF: