Saltar ao contido principal

Conferencia "Non é unha crise, é un cambio estrutural"




 

A nosa asociación difunde:

Este venres 28 ás 19:30 horas no Museo de Historia Natural da Sociedade Galega de Historia Natural, en Praza de Canido, s/n, FERROL, en colaboración coa Delegación de Ourense da SGHN, conferencia de D. Fernando Sánchez Salinero, que leva por título "Non é unha crise, é un cambio estrutural", unha análise sinxela e clara da situación na que nos estamos movendo. Sorprendente e vital.

“Non é unha crise, é un cambio estrutural”, analiza a situación actual e chega á conclusión de que lonxe de ser só unha crise estamos ante un cambio na forma de organizar a economía, os negocios e a propia sociedade, dando pistas para que ese novo entorno poida resultar o máis favorable posible.