Saltar ao contido principal

Martes, 25 de xuño: Inauguración da Biblioteca Santiago Carrillo de Fuco Buxán e presentación do libro de S. Carrilo "Mi testamento político"



A nosa Asociación, como continuidade aos actos do pasado ano, con motivo do falecemento de Santiago Carrillo, o noso querido amigo e Socio de Honra (Presenza nos actos de Madrid e Xixón, Homenaxe de Ferrol no Centro Cultural Carvalho Calero), celebrará agora, o vindeiro martes 25 de xuño, dúas importantes actividades:

Ás 18:00 horas, no noso Local Social “Tino Deibe” (Armada Española, 32 baixo, Caranza).

Inauguración dá Biblioteca dá Asociación, que levará a denominación “SANTIAGO CARRILLO”.

Unha Biblioteca modesta, de ao redor de 1000 volumes, conseguidos a través de numerosas doazóns (Socios/as, amigos/as ou Institucións) e tamén adquiridos. Cunha vocación de especializarse en temas socio-políticos, de igualdade de xénero e da Memoria Histórica, como vehículo de coñecemento da realidade social e que estará, en breve, aberta a toda a cidadanía para a súa consulta e disfrute.



Ás 20:00 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño).

Presentación do libro “Mi testamento político” o último publicado por Santiago.


En ambos actos, abertos ao público, estará presente o seu fillo maior:

Santiago Carrillo Menéndez.