Saltar ao contido principal

Presentación do libro de José María Izquierdo: ¿PARA QUÉ SERVIMOS LOS PERIODISTAS? (hoy)



A Asociación Cultural FUCO BUXÁN comprácese en convídalo á presentación do libro que leva por título ¿PARA QUÉ SERVIMOS LOS PERIODISTAS? (hoy), polo seu autor José María Izquierdo, periodista i escritor.

Terá lugar o vindeiro venres 31 de maio de 2013 ás 20,00 horas no salón de actos do ATENEO FERROLÁN (na rúa Magdalena 202 - Ferrol).

Nun momento de grave crise nos medios de comunicación José María Izquierdo reflexiona neste ensaio sobre a necesidade do oficio de periodista e das razón que xustifican a súa existencia. Ante a nova realidade de internet, das redes sociais, de millóns de páxinas webs, de insidiosas tácticas de desinformación promovidas polos poderosos para enmascarar abusos e inxustizas, este ensaio da respostas –con grandes doses de autocrítica- a cuestións tales como: qué futuro lles espera ós profesionais do periodismo, ou de qué maneira poden ser útiles na sociedade actual.

José María Izquierdo foi redactor xefe do Diario 16, subdirector de Informaciones e corresposal de EFE en La Habana. Foi redactor xefe e subdirector de El País, e director dos servizos informativos de Canal+. Dende 2005 ata 2009 foi director de CNN+ e dos informativos de Cuatro. Na actualidade mantén o blog El Ojo Izquierdo en elpais.com e na SER. É autor dos libros: LAS MIL FRASES MÁS FEROCES DE LA DERECHA DE LA CAVERNA (Aguilar), ELOGIO DEL PANFLETO Y REIVINDICACIÓN DE LA DEMAGOGIA, HISTORIAS DE JOSÉ K., LOS CORNETAS DEL APOCALIPSIS, LOS ALEBRIJES Y LEANDRO ou EL FANTASMA DE LA MONCLOA (La Hoja del Monte) entre outros.

O venres 31 de maio de 2013 ás 20,00 horas no salón de actos do ATENEO FERROLÁN (na rúa Magdalena 202 - Ferrol).