A Área da Muller da A.C. Fuco Buxán convida, a toda a cidadanía, á unha Conferencia – Coloquio titulada “O papel da Muller na Memoria Histórica” que terá lugar a o vindeiro xoves, 16 de maio, ás 19 horas no local Social “Tino Deibe” da nosa Asociación Cultural Fuco Buxán, na rúa Armada Española, número 32 baixo – Caranza – Ferrol.
Presenta:
Esperanza Vidal Martínez,
da A.C. Fuco Buxán.
Conferenciante:
Enrique Barrera Beitia, Profesor , Historiador e Directivo das Asociacións Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática.