Saltar ao contido principal

Os traballos de Acción Directa - Recuperación de espazos públicos Limpeza de regatos en Stª Comba, Covas.



Toda a solidariedade e recoñecemento de Fuco Buxán cos compañeiros/as de Acción Directa - Recuperación de espazos públicos, que están desenrolando unha importante labor de conservación do medio, de concienciación ecolóxica e de denuncia do abandono e mal gasto do diñeiro público por parte do desgoberno Municipal do PP no Concello de Ferrol.



Limpeza de regatos en Stª Comba, Covas.

O colectivo cidadán “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos” traballou hoxe sábado, na limpeza de dous regatos de Covas, coñecidos estes como o Cano do Foutadoiro, e o Cano de Marmadeiro, ambos os dous encóntranse na metade da praia de Stª Comba.

Foron sobre uns 200 kg de residuos recollidos, sobre todo, aerosois, botellas, e plásticos. Desatascar a retirada dun gran tapón formado no regato do Cano do Foutadoiro, varios madeiros, e parte da antiga muralla militar freaban o discorrer das augas.

Queremos chamar a atención aos visitantes e ás autoridades, sobre a gran riqueza natural desta zona dunar da nosa costa. Posuidora de cantidade de plantas endémicas, osexa, grupos que non se atopan de forma natural en ningunha outra parte do mundo.

Denunciar á cidadanía, sobre o malgasto previsto por parte do actual goberno municipal por valor de 916.000 €,para a Praza de España, e de 1.000.000 € para a Costa de Mella. Pois consideramos que ante a grave situación social que está a pasar toda a bisbarra de Ferrolterra, cunha das taxas máis altas en desemprego de todo o estado, son unas obras innecesarias e de despilfarro do noso carto público.

Pedimos ao Concello de Ferrol, a posta en valor da riqueza natural e patrimonial que temos na comarca, destinando todos eses cartos á contratación de desempregad@s, mediante a creación de cuadrillas municipais de traballo, para a reparación, limpeza, e saneamento dos nosos espazos públicos. E que eses contratos sexan en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.
Premer para ver a galería de fotos

No mapa feito por parte dos compañeir@s da Sociedade Columba, pódese ver a ubicación e os nomes dos regatos: http://sociedadecolumba.com/gm/


MAPA DOS TRABALLOS REALIZADOS http://goo.gl/maps/Dhh7Q



e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso bloge: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.comé é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.