Saltar ao contido principal

Manifesto da AUME Galiza



A nosa Asociación Cultural Fuco Buxán, amosa o seu total rexeitamento a condena que está a sufrir Jorge Bravo ao ver recortado o seu dereito de liberdade de expresión, por iso ofrecemos todo o apoio a AUME que de nós poidan precisar.

A continuación vai o comunicado da AUME en Galicia:
 
Ola compañeiros, como xa sabedes, o día 2 de abril o presidente de AUME, Jorge Bravo foi sancionado cunha pena de 31 días de prisión militar por falar nun medio de comunicación. Bravo mostraba a súa preocupación pola eliminación da paga extra de Nadal para os funcionarios, incluídos os militares; advertía que non era a primeira rebaixa de salario que sufrían, e propoñía que, antes de diminuír os salarios dos funcionarios, se suprimisen «gastos superfluos», como celebracións en unidades, xuras de bandeira civís, utilización de coches oficiais ou festividades de patróns, entre outros. Desta vez o ataque do Goberno e completamente desproporcionado, sobretodo, frente ao trato benévolo que Defensa esta a dar a pronunciamentos anti-democráticos e contrarios á constitución de militares de alta graduación.

Dende AUME consideramos que é hora de facer unha mobilización que denuncie a represión que estamos a sufrir e o día 27 de abril en Madrid concentrarémonos fronte ao Ministerio de Defensa, e dende AUME Galicia queremos anuncialo nunha rolda de prensa "reivindicativa", o próximo luns, día 22 de abril as 17:00 horas, no salón de actos de Sargadelos en Ferrol. Pedímos-vos que nos acompañedes nesta rolda de prensa, con outros colectivos, e que se é o voso desexo, manifestades persoalmente o voso apoio a Jorge Bravo e o que facemos e representamos dende AUME.

O asociacionismo no eido militar é cada vez é máis forte e o Goberno intenta impedir o desenvolvemento desta ferramenta de avance, custe o que custe. Necesitámos-vos, xa que como sabedes, ante os ataques do goberno a solidariedade é a nosa mellor arma.



Manifesto:



Comunicado de AUME Galicia

A delegación de Galicia da Asociación Unificada de Militares Españois (AUME), quere facer pública a súa condena polo arresto dun mes e un día do seu presidente, Jorge Bravo, que foi privado de liberdade, por unhas declaracións, na emisora ABC Punto Radio en xullo do ano pasado, nas que afirmaba que antes de recortar nos salarios dos funcionarios, o Goberno central debería reducir en gastos superfluos tales como patróns e celebracións de aniversarios, actos públicos, xuras de bandeira con poboación civil, uso irracional de vehículos oficiais, etc.

Aquelas declaracións, tiveron como resposta un castigo exemplifícante e baixo unhas indignas condicións de internamento, sen calefacción ou servizo médico e nun "semi-illamento", cuxo fin último, é "diminuír a capacidade de defensa dos dereitos dos militares". Todo o contrario, que o trato benévolo que se deu, a outros pronunciamentos anti-democráticos e contrarios á constitución de membros das Forzas Armadas de alta graduación.

AUME presentará ademais un recurso contra o arresto do seu presidente, xa que sostemos a incompetencia en materia disciplinaria da autoridade sancionadora e se pedirá ao Valedor do pobo que visite o centro onde está internado Jorge Bravo e que se garanta que se están a respectar os seus dereitos fundamentais.

Estas detencións xa se sucederan no pasado, como as súas condenas dun mes e un día por criticar ao ex-Ministro de Defensa, José Antonio Alonso, tras o accidente dos helicópteros Cougar en Afganistán, no que morreron 17 soldados, ou outra dun mes e dez días, por asistir a unha concentración de gardas civís en Madrid, mas esta, é a primeira vez que se lle sanciona dende que a Lei de Dereitos e Deberes, normalizou o asociacionismo militar.

As declaracións de Bravo, foron realizadas na súa "exclusiva condición de presidente dunha asociación profesional de membros das Forzas Armadas", é por iso que AUME non vai permanecer impasible ante este ataque brutal e inmotivado ao seu presidente e á propia asociación, polo que comunicou á Delegación do Goberno de Madrid, unha concentración para o próximo día 27 ás 12:00 horas ante o Ministerio de Defensa, que levará por lema "Jorge Bravo, grazas,", e que se dirixe a todos os asociados e simpatizantes de AUME. Bravo non está, nin estará, só na loita pola dignidade e plena cidadanía dos militares ao servizo da sociedade civil.

Exhortamos a todos os militares da nosa xeografía, que acudan a este acto, importante e necesario, non so como resposta a este duro atentado á liberdade de expresión, se non tamén polo noso dereito ao asociacionismo, xa que neste pulso, Defensa pon en xogo os nosos dereitos e liberdades, o que nos últimos dous anos, Defensa só nos permitiu desenvolver con graves limitacións e un alto grao de precariedade.

Por todo iso, MANIFESTAMOS:  

  •   A nosa demanda de respecto ao noso dereito á libre expresión, ao igual que o resto de cidadáns e unicamente, cos límites que se poidan derivar da salvagarda real da seguridade e a defensa.
  •    A nosa solidariedade con Jorge Bravo e todos os compañeiros que sofren do abuso de poder e a arbitrariedade nas Forzas Armadas.
  •     A nosa esixencia dun trato "digno" para el e para todos os compañeiros sometidos a sancións do Réxime Disciplinario.
  •     O noso desexo dunha autentica xustiza para todos, así como do fin da arbitrariedade e das penas privativas de liberdade sen a tutela efectiva dun Xuíz.
  •     A nosa inquebrantable vontade de alcanzar a plena liberdade de organizarnos e de participar con calquera dos colectivos que defendan os nosos intereses profesionais e sociais. Sen un asociacionismo absolutamente libre e plenamente activo, a democracia está inevitablemente limitada.
  •     O noso rexeitamento aos retrocesos sociais e laborais que todos estamos a sufrir e a nosa oposición á precariedade das relacións laborais de moitos dos nosos compañeiros, cuxa resistencia a ordenes ilegais e abusos de poder, vese comprometida se o seu posto de traballo non é estable.
  •     O noso apoio a todas as manifestacións que os colectivos e asociacións organicen para salvagardar os principios, valores e dereitos do noso estado social de dereito.
  •     A nosa pechada defensa da democracia, imprescindible e insubstituíble, e da Constitución que, como valor supremo, sempre ha de conxugarse cos seus valores fundamentais e os dereitos sociais, individuais e colectivos .

Agradecemos a solidariedade de colectivos, sindicatos (....) e partidos políticos (IU, PSOE, BNG, UpyD...) que deron o seu apoio a esta causa e a compañeiros como os de AUGC (Asociación Unificada da Garda Civil), a ASGC, (Asociación de Suboficiais da Garda Civil), das Asociacións Profesionais de Militares AMTM e ASFASPRO e de moitos outros cidadáns que mostraron o seu apoio a Jorge Bravo.


Esperamos a vosa resposta, remitimos-vos o noso mais cordial saúdo.


--

 
 La aume contradice al general chicharro: "no hay patria sin constitución ni estado de derecho"
 
 España ‘se salta’ el Convenio Europeo de Derechos Humanos para poder arrestar militares
 
 Analisis: Un subteniente y un general, sancionados Atenea Digital El derecho fundamental a la libertad de expresión de los militares
--

Carlos Vidal Ojea
Delegado de AUME en Galicia.
Teléfono: 659308775