Saltar ao contido principal

Presentación das Memorias de Rafael Pillado en Valdoviño




A A. C. Fuco Buxán organiza o vindeiro venres día 25, ás 20 hs, na Casa da Cultura de Valdoviño, a presentación das Memorias de Rafael Pillado, unhas Memorias Colectivas dun dos derradeiros representantes vivos do movemento obreiro ferrolán que loitou na clandestinidade contra a ditadura.

O latexo dá vida e dá conciencia relata nun dos seus capítulos os tráxicos acontecementos do 10 de marzo do 72 en Ferrol, nos que dous traballadores do naval, Amador Rei e Daniel Niebla, morreron asasinados por disparos da policía durante unha protesta.


Estades todos convidados.