Convocatoria da Asemblea Extraordinaria do Encontro Social de Ferrol Terra – 24 de Xaneiro de 2013.
Asemblea Extraordinaria do Encontro Social de Ferrol Terra.
Día: Xoves 24 de Xaneiro.
Hora: de 6 a 8 da Tarde.
Lugar: Local da Asociación Veciñal de Esteiro.
Na última Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra, celebrada o pasado Martes 15 de Xaneiro de 2013, acordamos facer unha Asemblea Extraordinaria cun só punto na orde do día: A situación da Comarca: diagnose e alternativas.
Para orientación pode-se ver o Blogue: Informe socioeconómico de Ferrol Terra e diagnose da situación:
Pola importancia do asunto a tratar pregamos un pequeno esforzo, a maiores, para participar nesta Asemblea.