A Asociación Cultural Fuco Buxán, integrante da Plataforma Queremos Galego, súmase e anima aos socios da entidade e a toda a cidadanía a acudir á manifestación en defensa da Lingua Galega que terá lugar, o vindeiro día 27 de xaneiro en Compostela ás 12:00 Horas.
Recomendacións:
Xa podes participar activamente na difusión da información sobre a manifestación nacional en defensa da nosa lingua que a Plataforma Queremos Galego convocou para este 27 de xaneiro.
É importante que ningunha persoa preocupada polo galego fique na casa ese día, mais lembra que desde xa mesmo TI tes un papel importante que cumprir para garantirmos que a mobilización do 27X sexa un éxito:
1. Asina aquí o manifesto "Queremos galego na escola! Derrogación XA do decretazo!"
2. Comparte nas redes sociais, no teu centro de traballo, de estudo, na rúa... os cartaces que, coma este, se realizaron para a convocatoria. Podes descargalo en pdf desde esta ligazón:
http://www.queremosgalego.org/wp-content/uploads/2012/12/CartazMani27Xaneiro.pdf
3. Difunde entre os teus contactos a necesidade de asistirmos todos á mani de Quremos Galego! Un xeito moi sinxelo e gratuíto para a difusión é espallarmos a través do whatsapp un texto como este:
"27 de xaneiro. Pola lingua que nos une. Queremos galego na escola. Derrogación xa do decretazo. Non á lei Wert. Manifestación ás 12h desde a Alameda de Compostela. Espallar a mensaxe é tan sinxelo como copiar e pegar."
4. Lembra que haberá autobuses desde distintos puntos do país. A información actualízase aquí.
"Polo Galego que nos une"