A Ruta Ferrol en feminino celebrarase este venres 25 de setembro e permitirá visibilizar a historia das mulleres na cidade.
Ferrol acollerá este venres 25 de setembro a celebración da Ruta Ferrol en Feminino, que estivo esquencia estes últimos catro anos, e que servirá para poñer en valor e dar coñecemento a numerosas mulleres que cos seus feitos e o seu traballo e vida forman parte da historia da cidade.
A Ruta Ferrol en Feminino incluíuse na programación das festas de verán pero tivera que ser aplazada debido a que a situación de alerta meteorolóxica desaconsellaba a súa realización.
A nova data escollida para a súa celebración é mañá venres 25 de setembro, as 19:00 horas. O punto de partida será o parque das Ranitas de Ferrol Vello e está prevista a participación de todas as entidades que forman parte do Consello Sectorial da Muller, da Marcha Mundial das Mulleres e do colectivo de mulleres que están a constituír unha Asociación de víctimas de violencia de xénero en Ferrol.
O roteiro será grabada por una titulada en Audiovisuais, Cecilia Santiago, que axudará a visualizar e promover a Ruta, na que participará unha historiadora para explicar os distintos eventos.
Beatriz Sestayo animou a todos os cidadáns a participar nesta Ruta en Feminimo para coñecer unha historia “en feminino” de Ferrol que estivo, lamentablemente, moitos anos invisibilizada. A Ruta en Feminimo púxose en marcha durante o goberno bipartito encabezado polo socialista Vicente Irisarri, lembrou ademáis Beatriz Sestayo, que lamentou que quedase en suspenso os últimos catro anos, nos que houbo unha concelleira de Muller que aseguraba que “non era nin feminista nin machista”. Fronte a isto, sentenciou que agora hai “unha concelleira feminista, un Goberno feminista e actividades feministas”.