Saltar ao contido principal

Presentación do libro “Los ricos vamos ganando” e Posterior Conferencia de Antón Losada

 
A A. C. Fuco Buxán convida a toda a cidadanía á vindeira Presentación do libro “Los ricos vamos ganando” de Antón Losada Trabada, (Xove, xornalista, escritor e político galego) e posterior Conferencia para o xoves 05 de maio ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán.

Asi mesmo, queremos informar dos vindeiros actos dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso]:

Mesa Redonda sobre a personalidade artística, cultural, literaria e sociopolítica de Xaime Quessada, coa presenza de Darío Villanueva Prieto, (Vilalba, teórico e crítico literario director da real academia española), de Santiago Lamas (Pontevedra, psiquiatra), e de Vicente Álvarez Areces (Gijón, político, expresidente do principado de asturias) para o venres 13 de maio, ás 20:00 horas no auditorio de Ferrol.

Carlos Manuel Callón Torres (Riveira) escritor e político, licenciado en filoloxías galega e portuguesa pola USC, exerce como profesor de lingua e literatura galega e lingua portuguesa. Presentación do seu poemario “Atravesar o fantasma” e posterior Mesa – Debate “Vivir en Galego” [Compromiso coa lingua] coa presenza dos poñentes Xurxo Souto (Músico, escritor, licenciado en filoloxía clásica) e Xosé María Dobarro Paz, (Catedrático de lingua e literatura galega, investigador da literatura galega), o mércores 18 de maio de 19:30 a 21:30 horas no centro cultural Carvalho Calero na praza do Inferniño (Ferrol)