Conferencia -coloquio con Armando Fernández Steinko Xoves 21 de abril ás 19 h. no Centro Cívico de Canido - Ferrol
A A.C. FUCO BUXÁN convídate á conferencia, e posterior coloquio, que leva por título
‘Ucrania. Orígenes y consecuencias de un conflicto’ na que intervirá o catedrático de Socioloxía da
Universidad Complutense de Madrid Armando Fernández Steinko (www.ucraniasincensura.com). Nun
momento de relato polarizado, de insidiosas tácticas de desinformación, de baleiros informativos, dende a
A.C. Fuco Buxán, queremos, con esta actividade e cunha voz rigurosamente analítica, deternos nas claves
dun conflito que nos afecta tan directamente coas súas repercusións presentes e futuras e co ánimo de
acadar respostas solventes fomentando o pensamento crítico e reflexivo. Armando Fernández Steinko,
que estudou socioloxía, historia e literatura en distintas universidades de Europa (Friburgo, Hamburgo) e
Canadá (Brock), como ensaísta ten publicadas numerosas monografías e decenas de artigos relacionados
cos movementos sociais, socioloxía i economía do delito. Algúns dos seus últimos libros levan por título
‘Tres ciclos para domesticar un siglo’ (2001), ‘Clase, trabajo y ciudadanía’ (2004), ‘Las pistas falsas del
crimen organizado’ (2008), ‘Delincuencia, finanzas y globalización’ (2013) e ‘La economía ilícita en
España’ (2021). Xoves 21 de abril ás 19 h. no Centro Cívico de Canido - Ferrol
