A A.C. FUCO BUXÁN convídate á presentación do libro ALEJANDRO VIANA,
un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos (Ed. Belagua)
polo seu autor Roberto Mera Covas e na que participará tamén Henrique
Dacosta.
Roberto Mera Covas (1971), sobriño-bisneto de Alejandro Viana, é concelleiro
de “Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá” no Concello de
Ponteareas, avogado e politólogo. Licenciouse en Dereito e Ciencias Políticas e
da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Con esta obra
achéganos á historia dun “ponteaerán de película”, o Schindler galego, do que
quere subliñar a súa faceta humanitaria.
Este libro trata da extraordinaria odisea iniciada o 18 de xullo de 1936 por un
home íntegro e entregado ós demais. Na Europa ocupada polos nazis miles de
exiliados republicanos devecían por chegar a América para salvar as súas
vidas, entre eles Alejandro Viana quen, á fronte de varias organizacións
humanitarias, organizou a saída de miles de refuxiados nunha trintena de
expedicións marítimas. Arriscando a súa vida e acosado pola Falanxe e a
GESTAPO, emprendeu unha desesperada fuxida e logo de once meses de
anguriante viaxe por África, logrou chegar a México, onde se reencontrou coa
súa dona e coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra.
Venres 29 de abril ás 20 h. no Centro Cívico de Canido - Ferrol