Saltar ao contido principal

Solidariedade galega coas persoas refuxiadas

  • Convocadas mobilizacións o 13 de setembro nas cidades galegas
Ante a crise humanitaria que afronta a UE, con milleiros de persoas a procuraren refuxio, as organizacións sindicais CCOO, UGT e CIG; as organizacións políticas PSOE, BNG, EU e Podemos; a Asemblea de Cooperación pola Paz, máis outras organizacións políticas e sociais que agardamos que se adhiran, reunímonos hoxe para consensuarmos a postura e accións para levar a cabo.
Mobilizacións o 13 de setembro en solidariedade coas persoas refuxiadas

Mobilizacións o 13 de setembro en solidariedade coas persoas refuxiadas
Nesta reunión acordouse a convocatoria de mobilizacións nas principais cidades o vindeiro 13 de setembro baixo o lema «solidariedade galega coas persoas refuxiadas».

As organizacións convocadoras, que procuran unha mobilización aberta e inclusiva, chaman a cidadanía a participar nestas mobilizacións. Ao remate delas lerase un manifesto consensuado polas diferentes entidades que promoven esta xornada solidaria.


Mobilizacións

- A Coruña: ás 12 h, praza da Palloza
- Ferrol: ás 12 h, praza de España
- Santiago de Compostela: ás 12 h, praza do Obradoiro
- Lugo: ás 12:30 h, Subdelegación do Goberno
- Ourense: ás 12 h, Subdelegación do Goberno
- Pontevedra: ás 12 h, praza da Ferreiría
- Vigo: ás 12 h, Museo de Arte Contemporánea (MARCO)